Sunday 05 de May de 2024

Máis de 300 nenos e nenas participarán este vindeiro domingo na VI Exhibición de Patinaxe Concello de Ordes


Terá lugar no pavillón Castelao I a partir das 12 horas

O Concello de Ordes levará a cabo este vindeiro domingo, 1 de maio, a VI Exhibición Municipal de Patinaxe. Como é habitual o lugar de celebración será o pavillón Castelao I, onde a partir das 12 horas 310 nenos e nenas dos colexios Campomaior, O Mesón do Vento, Castelao, así como os integrantes do Club Patinaxe Galia de Ordes realizarán distintas coreografías e números ante un público que poderá desfrutar del de balde. Tamén hai que engadir a participación dos grupos de ximnasia rítmica dos colexios Campomaior e Castelao.

Xa atendendo aos participantes de fóra do municipio a día de hoxe teñen confirmada a súa asistencia as escolas municipais de Tordoia e Baio, o colexio Torrente Ballester (Cambre) e o Club Patinaxe Costa da Morte. Novamente o Concello de Ordes, o Club Patinaxe Galia de Ordes e a empresa Adestra Servizos Deportivos unifican os seus esforzos para levar a cabo esta actividade.